Un grupo de alumnos de 4º da ESO do I.E.S Perdouro de Burela, acompañados por dous profesores, Charo Fernández e Toni Galdo, emprendeu viaxe de 5 días rumbo á capital británica co fin de apreciar distintos aspectos socioculturais relacionados coa materia de inglés, poñer en práctica as destrezas orais e coñecer o modo de Londres. Tiveron a oportunidade de ver os distintos lugares de interese da cidade, como o Big Ben, o London Eye, a City, Tower Bridge, así como diversos museos como o Británico ou o de Historia Natural. Ademais, tiveron ocasión de ver o estadio de fútbol do Stamford Bridge ou viaxar en barco polo Támesis. Tanto os profesores como o alumnado tiveron unha estancia estupenda en Londres, da cal lles quedará un gran recordo.