Antes das semifinais, o sábado pola mañá, a Bomboneira recibiu a Comarcal A Fervenza, Rodiles e Viaxes Amarelle para gozar xunto ás Xoias Laranxas dun cuadranglar na categoría alevín. A cita deu paso a un clínic para pequenos porteir@s, que contou co laranxa Iván Cao ‘Lucas’ entre o profesorado, xunto a Chipi e Fran Paz, desde A Fervenza, e Carlos Santamaría, do FSF Móstoles.
O domingo, o triangular infantil estivo protagonizado por Poio Pescamar FSF, o cántabro Muslera e A Fervenza.