Cervo 29-6-19. Así o anunciou este sábado o alcalde, Alfonso Villares, quen precisou que a primeira tenente de alcalde será Dolores García Caramés, a segunda tenencia de Alcaldía corresponderalle a Pilar Armada e a terceira á nova concelleira Denise Galán.
Estas concelleiras, membros da Xunta de Goberno Local, substituirán nesta orde á Alcaldía nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.
Esta delegación de funcións permite unha maior axilidade á hora de resolver as diferentes demandas da veciñanza de Cervo co obxectivo de que os seus trámites administrativos estean resoltos dun día para outro, tal e como precisou Villares