Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentacion de Cursos Gratuitos da Asociación Mujeres en Igualdad Burela

Burela 24-6-19. As primeiras presentacións dos cursos de Camareira de Pisos, Competencias TIC, Inglés básico de atención ao público e Teórica de conducir, do Programa de Emprego PRIAPE “MULLER, O TEU TRABALLO, A TUA LIBERDADE”, levado a cabo pola Asociación de Mujeres en Igualdad de Burela, en base á Convocatoria de subvencións da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, serán en Ribadeo o martes 25 de Xuño ás 11:00 da mañá, na Casa do Mar (Escola Municipal de Música e Danza) do Concello de Ribadeo, e en Viveiro o mércores 26 de Xuño ás 11:30 da mañá en Servizos Sociais e Inmigración (Claustro Igrexa San Francisco) do Concello de Viveiro.

Para máis información contactar coa Asociación Mujeres en Igualdad de Burela a través dos teléfonos 722.364.658 / 609.837.645, e-mail priapeburela@gmail.com, Facebook Bumei Emprego ou nas súas oficinas sitas na Rúa Pardo Bazán, 9 (Baixos da Casa do Mar), Burela.

Exit mobile version