Site icon Crónica3.com A Mariña

Peregrinación organizada pola Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar ao San Antonio da Regueira

Os camiñantes saíron ás 10.00 h deste xoves dende o Local social de Trasbar. Logo de selar as súas credenciais e recoller a Ventura e o lirio para ofrecer ao Santo, disfrutaron da sesión vermú á que se uniu o resto de inscritos que se acercaron nos seus coches para máis tarde disfrutar todos xuntos dun xantar nas inmediacións da igrexa. A próxima cita organizada será este domingo coa celebración fin xantar para conmemorar o Aniversario da Asociación e o San Xoán o sábado 22 de xuño a partir das 18.00h.

Exit mobile version