O día 12 de cinco a sete da tarde o obradoiro leva por título Falemos de igualdade. Aínda é necesario o feminismo?. O día 18 celebraranse dous talleres, un sobre Micromachismos. Detectando as violencias cotiás, que será de 10 a 12 horas e outro pola tarde, esa mesma xornada, sobre Empoderamento e redes de sororidade de cinco a sete da tarde. Os talleres desenvolveranse no Centro de Formación Ocupacional. As mulleres interesadas en asistir poden inscribirse no CIM, chamando por teléfono ao 982 580 609 ou no email cim@burela.org
Os días 12 e 18 de xuño terán lugar en Burela tres talleres para mulleres, que se enmarcan no programa Bufando (Burela actÚa Fronte Á Violencia De XénerO).
Os días 12 e 18 de xuño terán lugar en Burela tres talleres para mulleres, que se enmarcan no programa Bufando (Burela actÚa Fronte Á Violencia De XénerO).
Relacionado
-
Traballadores de Alcoa cortan a A-8 na ponte dos Santos
-
O Museo Provincial de Lugo acolleu este venres a presentación do libro “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 da serie “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC)
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo