Site icon Crónica3.com A Mariña

Obras no muelle de Viveiro

 Viveiro, 28 de xuño de 2019. Dende o Concello de Viveiro estanse a facer todas as xestións posibles para axilizar as obras que se están a executar no muelle de Viveiro, transmitindo a Portos de Galicia o malestar de veciños e comerciantes ante o prexuízo ocasionado polo peche desta área de estacionamento.
Co inicio do periodo estival e o incremento de visitantes esta carencia faise máis notable; no día de onte, coincidindo co mercado semanal, xa houbo problemas para estacionar e é evidente que a próxima semana, coa celebración do Resurrection Fest e os miles de persoas que chegarán a Viveiro, a situación vai ser moito peor.
Sen querer entrar en enfrontamentos, solicítase que, dentro das posibilidades técnicas, as obras se axilicen todo o posible e se autorice a apertura do estacionamento durante a celebración do Resurrection Fest, tendo en conta, así mesmo, que na Xunta Local de Seguridade celebrada no día de hoxe, coa Subdelegado do Goberno en Lugo, tamén se plantexou a necesidade que este espazo se abrise durante a celebración do festival.

Exit mobile version