Ribadeo, 22 de xuño de 2019. O Ribadeo Indiano sorteará unha viaxe a Cuba para dúas persoas o vindeiro 14 de xullo. Un total de 131 establecementos se adheriron a esta campaña que organizan Acisa xunto ao Concello coa colaboración de Estrella Galicia e Banco Sabadell. Este venres, ás sete da tarde concluíu o prazo establecido para poder sumarse a esta iniciativa.
Desde a directiva de Acisa cren que “pode ser un sorteo moi beneficioso para o conxunto dos establecementos da vila e moi atractivo tanto para veciños coma visitantes. Queremos que sexa unha desas campañas nas que non é o comerciante ou hostaleiro quen ten que ofrecer a rifa, se non que sexa o cliente o que a pida e que pida moitas”.
O custe de adhesión a este sorteo é de 25 euros, dos que os asociados pagan só 10 euros e os outros 15 son asumidos pola asociación, por seren membros da mesma. Os non sociosde Acisa pagan 25 euros.
O sorteo desta viaxe a Cuba para 2 persoas realizarase de xeito presencial o 14 de xullo á tarde noite ao remate dunhaactuación musical que haberá en Ribadeo, respondendo asíás múltiples peticións recibidas de estender a programación do Ribadeo Indiano na vila ata o domingo á noite.
As rifasestarán dispoñibles para entregar aosclientes entre o 4 e o 14 de xullo. A parella afortunada coa viaxe estará en Cuba do 13 ao 20 de setembro, 3 días pasarán na Habanaaloxadosnun hotel de catro estrelas e 4 en Varadero nun hotel de 5 estrelas.
A viaxe mércase en Eroski Viaxes, de Ribadeo, “un establecemento da localidade, que ademais é socio de Acisa, algo importante porque estarán moi pendentes dos viaxeiros afortunadose de que esta experiencia resulta inesquecible paraeles”.
Con esta campaña desde a organización pensan que “podemosencher a vila de xente o domingo á tardiña. Se na festa do comercio desbordamos sendo inverno, isto pode ser espectacular. Estamos convencidos que este sorteo vai ser un reclamo tanto para os clientes veciños da vila coma para os visitantes e por iso quixemos amplialo aos establecementos que non son socios. Oxalá teñamos que comprar unha urna especial para meter as rifaso día do sorteo. Iso quererá dicir que foi un auténtico éxito