Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE denuncia que o Alcalde de Riotorto convoca un Pleno o sábado “para cobrar xa as retribucións do Concello”

Riotorto, 14 de xuño de 2019. O Secretario Xeral do PSOE en Riotorto, José García, denunciou este venres “a rapidez do Alcalde para querer cobrar o salario do Concello, que superará os 3.000 euros ao mes”. Díxoo tras convocar o rexedor do PP un Pleno para o sábado, a continuación do da toma de posesión, no que na orde do día só ven recollido un único punto: as retribucións na corporación municipal.

José García subliñou que “o señor Iglesias demostra, unha vez máis, que o único que lle preocupa do Concello de Riotorto é cobrar canto antes a dedicación exclusiva, uns 36.000 euros ao ano. Pero non lle importa baixar o IBI aos veciños ou mellorar o servizo de recollida de lixo municipal. Iso non, pois o manifestou reiteradamente no pasado mandato rexeitando as nosas propostas”.

“Para o Alcalde do PP a urxencia deste Pleno é contar coas súas retribucións, que por certo, aumentan uns 200 euros ao mes con respecto a anterior lexislatura. Con estas actuacións o Partido Popular evidencia que só queren manterse no poder para fins persoais e non para buscar o beneficio dos cidadáns. Para eles o Concello de Riotorto é un chiringuito máis”, censurou o Secretario Local Socialista.

Exit mobile version