Viveiro, 11 xuño, 2019. O Partido Popular de Viveiro agradece a colaboración económica da Xunta de Galicia para garantir a seguridade nas praias da localidade coa contratación de 8 socorristas. O contrato terá tres meses de duración e o persoal ofrecerá un servizo completo de vixilancia e salvamento nos areais, o que supón un desembolso de 26.506 euros.
O Grupo Municipal do PP explica que se trata dunha “iniciativa necesaria, máis tendo en conta que somos un Concello cun gran potencial turístico que cada ano gaña visitantes”, polo que todas as actuacións que se poñen en marcha deben estar enfocadas a manter en bo estado os areais, así como á súa protección.
O Goberno galego pon a disposición das entidades locais esta medida cada anualidade. Só dende 2007 o investimento realizado ao abeiro desta iniciativa no conxunto da provincia superou o millón de euros.