Este proxecto está financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad. A través del as rapazas e rapaces poden acceder a información útil, que lles permite recoñecer, previr e actuar ante condutas de violencia de xénero, así como fomentar valores de igualdade. Trátase por tanto, dun proxecto innovador e pioneiro que emprega a rede social para dar unha información instantánea e maior difusión aos contidos.