Burela 8-6-19. Para celebrar o 150 aniversario do descubrimento da Táboa dos Elementos Químicos por Dmitry Mendeleev, a facultade de Química convoucou o certame “A Táboa Periódica e Galicia” co propósito de dar a coñecer a importancia dos elementos químicos na vida cotiá. O IES Perdouro de Burela acadou o 3º premio cun traballo sobre o Aluminio. O equipo formado polo alumnado de 1º de Bachareato e liderado pola sua profesora de Física, Ana Vázquez, dicidiu investigar sobre “O aluminio na Mariña”. O pasado venres 25 de maio,viaxaron ata Santiago para recibir os premios na Facultade de Química da USC.
O traballo “O radon e a súa importancia“ do IES Rosais 2 de Vigo gañou o 1º premio e o 2º premio foi para o IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras co traballo ‘O tesouro oculto de Casaio: o Volframio’.
O grupo de 4° ESO do IES Perdouro recibiu o 6° premio para o seu traballo sobre o ferro. Outro de 3° PMAR trae o 7° premio co seu traballo sobre o silicio.
Ademais dos 300€ para o 3º premio, o centro recibiu un lote de material de laboratorio.