Un novo logro que se suma aos grandes éxitos colleitados polo club ao longo de toda a tempada, amosando o alto nivel do equipo. Por esta razón, dende o Concello de Viveiro estase a organizar unha recepción oficial para felicitar en persoa a cada unha das ximnastas e transmitirlles os mellores desexos en futuras competicións e moi especialmente no Campionato de España que terá lugar en Pamplona no mes de novembro