Cervo, 04 de Xuño de 2019. Este pasado luns tivo lugar o acto no que Antonio Rouco Basanta deixaba o cargo como xuíz de paz e lle cedía o testigo á primeira xuíza de paz da historia de Cervo: María Paz Rodríguez Silva. Ao acto asistiron a Secretaria do Concello, María del Mar Otero Rivas e o alcalde cervense en funcións, Alfonso Villares.
Villares quixo “darlle as grazas a unha persoa recoñecida pola súa honestidade e templanza, gran coñecedor da historia do Concello e dos seus veciños, e que desenvolveu o seu traballo nestes 18 anos con total dedicación, entrega e discreción.
Neste senso tamén tivo unhas palabras para a nova xuíza de paz. “Doulle tamén a benvida a María Paz, unha muller que goza de todas as capacidades e cualidades necesarias para levar a cabo este traballo con total solvencia. Destacar que se trata dun fito na historia do noso Concello, pois é a primeira muller en ostentar este cargo ao longo da historia”.