Cervo, 05 de Xuño de 2019. O Concello de Cervo clausura este venres 07 de Xuño a tempada das Escolas Deportivas 2018 – 2019 cun acto no Colexio de Cervo a partir das 20:30h.
A actividade contará con unha exhibición de patinaxe , na que se dará mostra de todo o aprendido durante estos últimos meses. Con este acto poñerase o fin a un ano no que máis de 220 usuarios, tanto nenos e nenas como adultos, gozaron das actividades propostas polas Escolas Deportivas Municipais.
A oferta deportiva das Escolas, que botaron a andar no ano 2007, pretende ser o máis ampla e diversificada posible, ofrecendo disciplinas como patinaxe, voleibol e diversos xogos para os máis pequenos e aeróbic, zumba e pilates para os adultos.
Esta será unha ocasión especial, posto que para José Ramón Soto será o seu último acto oficial como concelleiro de deportes. “Este é un ano moi especial para min, xa que despois de oito anos compartindo con todo o equipo de compañeiros esta agradable experiencia, toca poñer fin a unha etapa moi agradable de aprendizaxe e experiencias como a de formar parte deste equipo para estar cos veciños de Cervo alí onde me necesitaron. Por iso é o momento de dar as gracias a todos os veciños e veciñas de Cervo, que me permitiron desempeñar esta labor”.
Soto tamén quixo destacar que “un motivo de orgullo para nós que o deporte no noso Concello a través das escolas deportivas considerase un exponencial aumento nos últimos anos, mostra do bo facer de todas aquelas persoas implicadas para que isto sexa posible”.