“O alumnado aprendeu, a través dun vídeo, o ciclo completo dun envase dende que se fabrica ata que é un residuo e pasa a reciclarse para ter unha segunda vida. Para rematar realizaron un mural no cal tiñan que ordenar unha serie de pictogramas construíndo secuencias de consumo responsable e sostible: fabricación dun envase, compra, consumo e depósito no colector amarelo para que poida ser reciclado”, explicaron as monitoras de Gaia.