Burela, a 29 de xuño de 2019.- O cabeza de lista do PP burelés para as eleccións municipais deste 2019, Manuel Rouco, considera que “unha vez máis queda demostrado cal é o único partido que realmente cumpre con Burela” en relación ao anuncia do comezo das obras de remodelación do Colexio Virxe do Carme de Burela que fixo o delegado da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro, este pasado mércores.
“A finais do ano pasado e nun tempo récord de catro meses, o Goberno do Partido Popular da Xunta de Galicia fixo o proxecto, conseguiu o orzamento e licitou a obra” e, “xa por aquel entón, se puxera como data de inicio da mesma o verán do 2019 para tratar de interromper o menos posible o curso escolar dos nenos e nenas do centro formativo”, di Rouco.
Nas antípodas desta “xestión rigorosa e eficaz” atópanse unha vez máis os constantes anuncios en prensa do alcalde en funcións, o Sr. Llano, e dos seus edís, sempre referidos a promesas que nunca se acaban de concretar. “O PP non anuncia atraccións incribles para as festas que despois nunca chegan ou a presenza de membros da Casa Real en eventos deportivos que non se poden cumprir”, manifesta. O certo é que “o PP cumpre con Burela con feitos e non con promesas. Para prometer e non cumprir xa están o alcalde en funcións e tódolos demais partidos que avalan a súa forma de facer política”, conclúe.