Lourenzá 4-6-19. Competía a sección de patinaxe o pasado sábado no campionato provincial de patinaxe en Bóveda, logrando na modalidade de grupos o subcampionato provincial. (Xove foi bronce).
O grupo, dirixido por Tania Irimia está formado por Lara Recalde, Adriana Polo, Adriana González, Diana Lastra, María Sánchez, Marina Rubal, Claudia Carril e Carmen García.
Para a súa adestradora, Tania: “Acadar o 2° posto foi para nos todo un orgullo. Pese a que o ano pasado obtivemos o ouro na categoría de cuartetos, este ano as puntuacións foron mellores, sendo o realmente importante, xa que nos mostra que imos progresando e que todo esforzo ten a súa recompensa, e máis adestrando só unha hora á semana.”