Site icon Crónica3.com A Mariña

Esta vindeira fin de semana seguen as xornadas de portas abertas das Rutas de Artesanía en Viveiro e Burela

 A Mariña, 26 de xuño de 2019. Esta vindeira fin de semana seguen as xornadas de portas abertas das Rutas de Artesanía en Viveiro e Burela. Están organizadas pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia. Para as visitas dos días 29 e 30 de xuño aínda quedan prazas libres.
Esta iniciativa lévase a cabo con motivo da edición da nova guía sobre as Rutas de Artesanía que a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentou o pasado día 14 de xuño. No novo material informativo, que está dispoñible na páxina web e nas oficinas de turismo da comarca, proponse ao visitante coñecer a riqueza patrimonial, natural e gastronómica a través da proximidade e sabedoría dos artesáns da Mariña Lucense, principais protagonistas desta iniciativa. A nova proposta consta dunha serie de itinerarios nos que o visitante pode adentrarse no oficio do artesán e disfrutar dos valores naturais, culturais e gastronómicos da localidade onde se ubican e da súa contorna próxima.
As xornadas de portas abertas das Rutas de Artesanía da Mariña Lucense teñen por finalidade dar a coñecer con actividades gratuítas para o público xeral esta iniciativa. As xornadas, que deron comezo o domingo 16 en Cervo, continúan esta fin de semana en Viveiro e Burela. As actividades serán gratuítas e incluirán a visita a un ou dous obradoiros e unha actividade complementaria. O 29 en Viveiro está prevista a visita a Regal Xunqueira pola mañá, unha visita guiada ao centro histórico da cidade e á ceramista Miriam Viveiro pola tarde. E o domingo 29 tocaralle a Burela coa visita ás redeiras e ao barco museo boniteiro Reina del Carmen.
A iniciativa, que busca ofrecer un motivo interesante polo que desprazarse ao territorio antes da tempada alta, está dirixida tanto a locais que desexen coñecer mais sobre os recursos da zona como a visitantes que queiran vivir unha xornada diferente da man dos artesáns da Mariña Lucense.
Para participar é preciso reservar en turismo@amarinalucense.gal ou no teléfono 654 089 894
A continuación indícanse as datas cos horarios aproximados:
Viveiro 29-06
Regal Cerámica 10:30 – 11:30
Visita centro histórico 12:00 – 13:30-14h aprox.
Miriam Cerámica 17:00 – 18:00

Burela 30-06
Redeiras 10:30 – 11:30
Barco Museo “Reina del Carmen” 12:00 – 13:00 aprox.

Exit mobile version