Ribadeo, 28 de xuño de 2019. Ata o 2 de xullo está aberto o prazo de pre inscrición nos ciclos de construción, carrozaría e atención a persoas con discapacidade. Son os tres ciclos de FP Dual, que por primeira vez se ofertan no CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, e que inclúen 1.400 horas de formación en empresas da zona e salarios para os participantes que roldan os 700 euros ao mes. Para Álvaro Doural, dinamizador da FP Dual, “esta formación ven solucionar un gran problema que hai en moitas zonas de comunidades de España, que é o distanciamento cos sectores produtivos”.
Dezaoito son as empresas que asinaron convenios co CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, para a posta en marcha da FP Dual, entre as que se atopan Industrial Recense, de A Pontenova, ou Mensajeros por la Paz, que falan do positivo desta experiencia e da importante demanda de traballadores que hai en ambos sectores, en carrozaría e tamén en atención a persoas con discapacidades.
Álvaro Doural, dinamizados da FP Dual, subliña que “o centro Porta da Auga fixo unha aposta creo que moi valente e deu un paso forte cara a unha oferta de dual. Penso que os tres ciclos que se están ofertando neste momento, nos que está o prazo de solicitude aberto e que remata o próximo martes, 2 de xullo, á unha da tarde, tanto carrozaría como construción e atención a persoas con discapacidade están tendo unha boa acollida, dentro do nivel de solicitudes que máis ou menos tíñamos previsto. No caso do ciclo de atención a persoas con discapacidade está un pouco máis alto, pero hai que recoñecer que se pasou de non ter oferta ningunha a ter tres ciclos, ata que a xente se vaia dando conta do potencial que ten a formación dual”.
Doural explica que “a nivel de formación hai que pensar que o perfil do alumno que vai ir á FP dual é distinto ao de formación regrada de FP de ciclo. Estamos falando dunha media de 1.400 horas de formación en empresa, vai recibir un salario sobre 700 euros ao mes e asegurado, como non podía ser doutra maneira. Creo que é un cambio importante. A xente que vai acceder a estes ciclos ven con gañas de formarse, cambia totalmente o período formativo, contan cun mes de vacacións nada máis e hai unha integración na empresa importante. Neste senso quero aproveitar para agradecer ás empresas que van colaborar nestes tres ciclos porque desde o principio se volcaron con este proxecto e sen eles non se podería facer”.
Para Álvaro Doural “a formación dual ven solucionar un gran problema que hai en moitas zonas de comunidades de España, que é o distanciamento cos sectores produtivos. O que non pode ser é que sigamos formando sen ter en conta as necesidades dos sectores produtivos. Non podemos estar lonxe uns de outros, non ter relación practicamente, iso ten que acabarse. Queiramos ou non, por moitos problemas que está habendo para a implantación, e vai haber, se verdadeiramente queremos seguir aí pasa por entendernos cos sectores produtivos, e estes sectores se queren xente formada van ter tamén que entenderse cos centros de ensino. Creo que a formación dual é un paso importante para romper con elo, se somos capaces de poñer en marcha todo isto damos un paso de xigante non tan só na formación senón no desenrolo do futuro da Mariña e de Lugo. Hai que pensar nesta reflexión, se non temos xente formada que poida traballar nas nosas empresas, desgraciadamente nas poucas empresas que temos, e apoiar aos poucos emprendedores que queren presentar iniciativas, non temos moito que facer, os centros de FP sen empresa non teñen moito sentido”.
Á importancia da implantación da FP Dual no CIFP Porta da Auga referíronse Luis López, de Industrial Recense, de A Pontenova, y Natalia Zabaleta, de Mensajeros por la Paz.
Luis López dixo que “a importancia é total no senso de que se non temos rapaces cunha formación mínima básica e canto máis extensa sexa mellor, e encima estando nunha zona rural como estamos, no noso caso é fundamental ter un instituto cercano que nos poida aportar a solución. Nos últimos anos hai un crecemento destacado que fai que a demanda estea sendo importante tamén agora mesmo”.
E Natalia Zabaleta manifestou que “la importancia que tiene es ante todo dar formación en este sector ya que estamos faltos de personal en las localidades en las que tenemos residencias ahora mismo. Además de la formación la gente coge experiencia para el mundo laboral y sale con una preparación muy distinta a una formación básica de gerocultora o de auxiliar de clínica. La verdad es que notamos una falta de gente formada en el sector, sobre todo en la zona rural y en la costa también. La política de Mensajeros por la Paz es contratar gente de los concellos donde tiene instaladas las residencias para crear puestos de trabajo y que la gente no tenga que salir a buscar trabajo fuera, entonces nos vemos muchas veces con dificultades para poder cubrir las plazas de personal”. E engadiu que “es el primer año que estamos con el CIFP Porta da Auga, es un proyecto piloto también para nosotros y a ver cómo sale. Es una forma muy interesante de formar al personal y para el futuro es una inversión. Son dos años de formación tanto teórica como práctica y si encima está remunerada creo que es una parte muy importante y muy atractiva para la gente. Las personas de cierta edad igual no pueden dedicar dos años de su vida a trabajar sin tener ningún tipo de ingreso”.