A novísima Cristina Lourés Casal (Narón, 2002) incorporarase á estrutura do Pescados Rubén Burela FS para as tres vindeiras tempadas. A ala-peche ferrolá, de tan só 16 anos e formada no conxunto filial, Comarcal A Fervenza FSF, estivo acompañada pola vicepresidenta, Cesarina Fanego Mon, na súa presentación oficial. Cris, que xa tivo a oportunidade de estrearse en Primeira División coa camisola burelista, con 4 partidos disputados na liga 2018-19, compatibilizará as súas responsabilidades a vindeira tempada entre o Pescados Rubén e A Fervenza.