A xuntanza deste ano foi o pasado sábado, 15 de xuño en Espasante, que ademáis estaban en Festas. Despois de percorrer este fermoso pobo, remataron cunha cea no Restaurante Orillamar.

Sétimo día de concentracións en defensa dos pacientes da Mariña "e a situación, din, manténse como o primeiro día, con carencias graves de persoal facultativo especialista en dermatoloxía, neuroloxía, reumatoloxía, dixestivo, radioloxía, uroloxía, cardioloxía ou medicina interna".
Durante o seu percorrido pola feira, a conselleira puxo de relevo a importancia de eventos deste tipo que contribúen á dinamización das zonas rurais e, neste caso, a dar a coñecer o traballo que desenvolven estes artesáns do ferro.
O conselleiro do Mar asistiu ao xantar da III Festa das Xeracións na carpa da Praza dos Campos.
En total puxeron á venda 300 kgs de mexillóns na carpa instalada para a celebración deste evento gastronómico, que tivo por obxectivo poñer en valor un produto do mar como é o mexillón. A xornada contou con amenización musical. Ata Rinlo se achegaron o alcalde, Dani Vega, as concelleiras de Turismo, Cultura e Benestar Social, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo e Elena Sierra, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares.
Tras o partido que se decidiu na tanda de penaltis a favor do equipo da Mariña, o responsable provincial valorou "o encontro como unha mostra do gran nivel do fútbol sala feminino na provincia con dous equipos que ofreceron unha gran espectáculo deportivo" e destacou "o bo ambiente no pavillón coas afeccións apoiando en todo momento ás súas xogadoras".
Chámase Jilgueritos e xa se integrou na Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) de Ribadeo.
Está fixada para as 20:00 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda. A orde do día inclúe estes asuntos a tratar: lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior; estado de contas da asociación; informe de actividades desenvolvidas; informe do director da Banda; e preguntas e suxestións.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital