O popular pon en valor estas achegas que o Goberno galego fará chegar aos Concellos de Ribadeo, Burela, Cervo e Mondoñedo en dúas anualidades -2019 e 2020-e que permitirán a creación ou mellora de infraestruturas urbanas nestes municipios. Concretamente, o Concello de Ribadeo recibirá preto de 83.000 euros para a renovación do pavimento da rúa Pintor Fierros. O Concello de Burela verase beneficiado con preto de 96.000 euros para acometer actuacións de humanización da rúa Hórreo; mentres que o de Cervo recibirá unha achega de 98.600 euros para remodelar a rúa do Faro entre a praza da urbanización e o aparcamento. Mondoñedo obterá, pola súa banda, máis de 56.000 euros dirixidos á ampliación do camiño de Fondoso.
Vega pon en valor esta liña de axudas directas dirixida a Concellos de menos de 50.000 habitantes; xa que pretende “humanizar vilas e pobos facéndoos máis accesibles e habitables ao mesmo tempo que teñen como obxectivo facer do rural un lugar máis atractivo para vivir e, polo tanto, contribúen a fixar poboación”.