Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezan os “Xoves de Verán – Seráns de Lecer” de Mondoñedo, que terán lugar todos os xoves de xullo e agosto

 Será o 4 de xullo con Xogos Populares e Animación Musical, a cargo de Puzzle Animación, na Praza do Concello dende as 19:30h ás 23:00h. Nesta mesma semana, o venres día 5, terá lugar un concerto de Luís Emilio Batallán no Auditorio Municipal Pascual Veiga ás 21:00h pola conmemoración do cuarto aniversario da declaración de Patrimonio UNESCO do Camiño Norte e da Catedral de Mondoñedo. Seguidamente, ás 22:30h, procederase á iluminación, dende o interior, do Rosetón da Catedral mindoniense con música de Luís Emilio Batallán. As entradas para o concerto estarán á venda dende o luns ao venres na Oficina de Turismo de a un prezo de 5€. Dende as 20h do venres continuarase coa súa venda no Auditorio Municipal Pascual Veiga.

Exit mobile version