Burela 24-6-19. M.B.A.V, veciña de Burela presenta varías hernias lumbares e cervicais e protusións que provocan falta de sensibilidade nos membros inferiores, dor e limitacións para as actividades da vida diaria tendo que estar en incapacidade laboral transitoria dende fai 6 meses.
“Fun vista no Hospital da Mariña por traumatoloxía, sendo derivada a o servizo de rehabilitación onde recibe 6 meses de fisioterapia e a administración da toxina botulínica”, explica a afectada.
Ante a falta de melloría os médicos especialistas do Hospital da Mariña solicitan interconsulta preferente a Neurocirurxía no HULA para valoración e posibles tratamentos alternativos.
“O día 10 de abril de 2019 recibo unha carta certificada na que me dan cita para o 21/11/2019 ás 10,00 horas na consulta de neurocirurxía do HULA”, explica a afectada.
Por mor do seu cadro clínico e a falta de melloría presenta reclamación no Servizo de Atención ao Doente solicitando ser valorada por neurocirurxía coa maior brevidade posible.
“Sorprendentemente recibo resposta a finais de maio por escrito do HULA onde reprograman (cambio de cita) a miña consulta para a mesma data e hora que a primeira”, manifesta indignada.
M.C.A.V manifesta a súa indignación coa administración sanitaria, solicita ser atendida coa maior brevidade posible, facendo responsable aos xestores da EOXI de Lugo-Cervo-Monforte das consecuencias para o seu estado de saúde sen descartar acudir á vía xudicial.
“A parte dunha tomadura de pelo a resposta tamén supón poñer en risco a miña calidade de vida e curación”, insiste.
Dados os feitos, CIG Saúde A Mariña esíxelle á Xerencia que “deixe de xogar coa saúde das persoas e de burlarse delas porque xa non lle colan á xente as trapalladas que están a inventar” coas demoras e reprogramacións.