Site icon Crónica3.com A Mariña

Celebración do San Antonio da Rigueira

 Xove 7-6-19. O próximo xoves 13 de xuño celébrase unha nova edición da Romaría para tod@s aqueles que quieran gañar a Ventura do San Antonio da Rigueira, e cuxa recuperación comezouse dende o Concello hai agora 10 anos.
As persoas que desexen gañar o lirio branco e a Ventura, poden anotarse no Concello ata o luns 10 de xuño, incluido.

Poderán completarase calquera das oito Rutas dos Muíños habilitadas ao longo de todo o concello a tal efecto. Unha vez completada e debidamente selados os seus carnés terá lugar a recepción dos romeiros/as na carpa do Concello e a entrega da Ventura 2019 e da flor de San Antonio (lirio blanco)

En canto ás misas, dende pola mañá haberá os seguintes horarios:
Pola mañá: 10:00 h, 11:30 h. e 13:00 h. (misa con procesión).
Pola tarde: 18:30 h. e 20:30 h. (misa con procesión).

Despois de nove anos de ter iniciado esta iniciativa de recuperación da Romaría de San Antonio da Rigueira dende o Concello de Xove, este ano espérase unha grande afluencia de público, malia de caer este ano o día do Santo en xoves, día laborable.

Exit mobile version