O concurso consistirá en dous premios: un concedido por un xurado profesional que outorgará o premio da mellor tapa do verán 2019; e os propios clientes, que poderán votar á súa peza favorita e elixirán o premio popular. Tanto os trípticos como as urnas de votación estarán colocadas nos establecementos participantes.
O custe da tapa é de 2 euros, e os trípticos de votación tamén se poden selar para certificar que se visitan os 10 locais. Entre as persoas que proben todas e cada unha das creacións gastronómicas, farase un sorteo de 150 euros en vales de compra nos establecementos de CCA Burela.
A asociación de comerciantes e hostaleiros quere seguir na creación dun comercio e hostalaría máis fortes, facendo medrar o sector servizos e recibir con moitas gañas un verán no que se esperan que moitas persoas de fóra de Burela veñan de visita. Porque unha vez máis e entre todos e todas, seguimos medrando xuntos.