Site icon Crónica3.com A Mariña

CCA Burela finaliza o concurso de tapas entregando 150 euros en vales de compra

dav

Burela 27-6-19. CCA Burela rematou o xoves 27 o seu concurso de tapas co sorteo de 150 euros en vales de compras entre as persoas que probaron as 10 tapas participantes. O gañador deste sorteo foi Gonzalo Santomé nunha elección aleatoria en urna na sede do colectivo de comerciantes.
Desde a directiva da asociación están encantados destas xornadas e valoran como éxito esta actividade que pretendía celebrar a chegada do verán e que se desenvolveron en 10 locais hostaleiros de Burela entre o 20 e o 23 de xuño.
Tamén quixeron aproveitar o peche da campaña para anunciar aos gañadores dos premios das votacións. Casa Miranda alzouse co premio do xurado profesional coa súa creación Sabes a que sabe? e A Casa da Avoa fixo o propio coa elección popular coa súa tapa Bocado de Mar
Foron 10 os participantes neste evento ademais dos premiados estiveron Restaurante Arenal, A Marquesa, Cervecería Kiko, ConXeito, Hotel Nordés, Hotel Sargo, Palacio de Cristal e Restaurante Sargo. O prezo das tapas foi de 2 euros e a oferta foi moi variada e puidéronse satisfacer todo tipo de gustos.
A asociación vai estar presente en actividades durante todo o verán organizando e colaborando con proxectos locais porque como din eles mesmos, con Burela queren seguir medrando xuntos.

Exit mobile version