Dentro do «Espazo Degustación» do Stand da Xunta de Galicia, e a campaña “O NOSO MAR, MARCA” a Consellería do Mar ten programadas diferentes catas e degustacións de producos do mar de Galicia, entre os que destaca a Pescada do Pincho de Burela e o Bonito do Norte de Burela.
Na tarde do venres celebrouse a degustación gastronómica “Pescada do Pincho: a calidade captúrase con anzol” a cargo do chef José Manuel Mallón (Remollo, Espazo Gastronómico, de Ames). A pescada do pincho cociñouse en dúas receitas: “Pescada do pincho de Burela marinada en sal con escuma de pemento de Herbón” e “Pescada á prancha con fabas”. Na cata estas receitas estaban acompañadas de viños da D.O. Valdeorras.
Salimat constitúe o mellor espazo para promocionar os productos artesáns, gourmet, ecolóxicos e innovadores, e, por iso, Burela participa un ano máis neste Salón Gastronómico.
A promoción do “peixe de Burela” continuará este domingo ás 12:00h, coa degustación “Bonito do Norte: aquí facémolo Bonito”, que estará acompañada de viños da D.O. Ribeira Sacra.