Burela 7-6-19. A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo e Armadores de Burela promocionan os seus produtos pesqueiros máis representativos no Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, que se está celebrando na Feira Internacional de Galicia, en Silleda (Pontevedra).
Dentro do «Espazo Degustación» do Stand da Xunta de Galicia, e a campaña “O NOSO MAR, MARCA” a Consellería do Mar ten programadas diferentes catas e degustacións de producos do mar de Galicia, entre os que destaca a Pescada do Pincho de Burela e o Bonito do Norte de Burela.
Na tarde do venres celebrouse a degustación gastronómica “Pescada do Pincho: a calidade captúrase con anzol” a cargo do chef José Manuel Mallón (Remollo, Espazo Gastronómico, de Ames). A pescada do pincho cociñouse en dúas receitas: “Pescada do pincho de Burela marinada en sal con escuma de pemento de Herbón” e “Pescada á prancha con fabas”. Na cata estas receitas estaban acompañadas de viños da D.O. Valdeorras.
Salimat constitúe o mellor espazo para promocionar os productos artesáns, gourmet, ecolóxicos e innovadores, e, por iso, Burela participa un ano máis neste Salón Gastronómico.
A promoción do “peixe de Burela” continuará este domingo ás 12:00h, coa degustación “Bonito do Norte: aquí facémolo Bonito”, que estará acompañada de viños da D.O. Ribeira Sacra.