Salimat constitúe o mellor espazo para promocionar os productos artesáns, gourmet, ecolóxicos e innovadores, e, por iso, Burela participa un ano máis neste Salón Gastronómico.
Dentro do «Espazo Degustación» do Stand da Xunta de Galicia, e a campaña “O NOSO MAR, MARCA” a Consellería do Mar ten programadas diferentes catas e degustacións de producos do mar de Galicia, entre os que destaca a Pescada do Pincho de Burela e o Bonito do Norte de Burela.
O venres ás 16:30h preséntase “Pescada do Pincho: a calidade captúrase con anzol”, que estará acompañada de viños da D.O. Valdeorras.
O domingo ás 12:00h preséntase “Bonito do Norte: aquí facémolo Bonito”, acompañada de viños da D.O. Ribeira Sacra.