O edil socialista manifesta que “un ano máis o Concello de Burela ten presenza na feira de turismo Festur. Imos alí a promocionar a Feira do Bonito. É un evento que se desenrola en Silleda, dentro da Semana Verde, e é moi atractiva con moitísimos visitantes. Levamos tres anos indo e é unha feira que nos gusta moito porque ten moita xente que nos interesa para intentar atraela a Burela e especialmente para disfrutar da Feira do Bonito”.
Ramiro Fernández sinala que “imos facer unha degustación de bonito, o domingo ás doce e media da mañá, na que tamén estará presente o alcalde de Burela”.
O concelleiro de Turismo quere “agradecer a Ledicia, que é a organizadora da Feira do Bonito, que se prestara a colaborar con nós para facer esa degustación”. E convida “a todo o mundo que queira achegarse a Silleda a asistir a esa degustación e esperamos que os resultados que traigamos desa feira sexan que a xente saiba onde está Burela, coñeza Burela e queira achegarse a disfrutar tanto de Burela en xeral en calquera época do ano como especialmente na Feira do Bonito”.