Campos Conde destacou “o momento clave que vive o deporte feminino, demostrando cada día que pode ofrecer a mesma calidade e espectáculo que o masculino. Trátase, así mesmo, dun momento que as institucións non podemos deixar pasar, polo que debemos seguir apoiando e reivindicando a igualdade tamén neste eido. Dende a Deputación queremos facer desta institución e desta provincia un referente cando se fale de deporte feminino, pois supón un avance moi importante para acadar a igualdade real entre homes e mulleres”.
Nesta temporada o equipo masculino do Pescados Rubén Burela FS, conseguiu o ascenso á Primeira División, converténdose no único club de España que conta con equipo masculino e feminino na máxima categoría do fútbol sala nacional.
As xogadoras remataron unha temporada de éxitos despois de quedar segundas no campionato de Liga, son campioas da XIII Copa Galicia, ademais de acadar a súa segunda Copa de España, que por primeira vez levou o nome de Copa da Raíña de Fútbol Sala. Afirman que o seu equipo está feito para ganar títulos e afrontan a próxima temporada coa ilusión de conseguir o doblete en Liga e Copa.