Meira, 15 de xuño de 2019.- O actual Alcalde de Meira, Antonio de Dios, tomou posesión este sábado como rexedor do Concello. Fíxoo tras o resultado acadado polo PSOE nas Eleccións Municipais conseguindo 691 votos, o que representa o 58% do total do escrutinio, e acadando, deste xeito, a maioría absoluta do Pleno da Corporación Municipal con 6 dos 9 Concelleiros.
Antonio de Dios agradeceu aos veciños “a súa confianza” e destacou que “contraemos unha gran responsabilidade, por iso, comprometémonos a traballar todos os días por atender as necesidades que nos demanden os cidadáns, para facer de Meira un Concello con futuro. E o faremos como nestes 4 anos, estando próximos ás persoas a través de políticas dirixidas ao rural, aos nosos maiores e aos máis novos. Coa mesma humildade de sempre e con máis forza se cabe, dispoñibles as 24 horas do día. Gobernando para todos, sen excepcións de ningún tipo e buscando o consenso, implicando a toda a cidadanía”.
O Alcalde sinalou que “a pesar das discrepancias, soubemos manter o respecto e as boas formas que sempre distinguiron ao Concello e espero que así siga sendo”.
“Estou convencido de que esta que ben será a mellor lexislatura para o conxunto do Concello, grazas ao traballo que faremos dende o Goberno Municipal, no que me acompañarán os Concelleiros socialistas, María de las Urdes Díaz Yanes, Agustín Méndez Moirón, Rubén Vidal Vidal, Manuel Vidal Vallejo e María José Salgado Lejo.