Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfoz difunde unha nova guía turística

mde

Alfoz, 13 de xuño de 2019. As obras de mellora no entorno do Castelo do Castrodouro e a nova guía turística baixo o lema de “Alfoz é vida” son unha parte mais do traballo feito nestes últimos catro anos pola área de Cultura e Turismo do Concello de Alfoz, que dirixiu Xabier Pardiñas, quen nos indica que se trata “de proxectos polos que levamos traballando moito tempo e que quería amosar antes de irme”.
Nestes últimos días estanse a ultimar os traballos de recuperación ambiental no entorno do Castelo do Castrodouro e desde a oficina de turismo comezarase a difundir unha campaña promocional formada por un novo folleto turístico e un vídeo baixo o lema “Alfoz é vida”. Como indica pardiñas “Estes novos recursos de promoción turística realizáronse coa intención de seren presentados na feira de turismo Turexpo”, feira na que Alfoz levaba asistindo nos últimos dous anos e que este ano non participou, “reunímonos co futuro equipo de goberno para ver quen asumiría as competencias de cultura e turismo e decidiuse non participar na feira. Foi realmente unha lástima”.
Ademais destas actuacións quedan pendentes de realizar outras como os traballos de execución dun miradoiro no acceso á Fervenza do Escouridal. “Este é un proxecto polo que levamos traballando dous anos, acabamos de conseguir os permisos de Augas de Galicia e de Conservación da Natureza”, dice Xabier Pardiñas, quen subliña que “detrás de cada traballo hai moito esforzo que moitas veces non se ve”. A actuación consiste en mellorar o acceso ao último tramo do sendeiro polo que se accede á base da Fervenza do Escouridal, colocando unhas escaleiras de acceso que rematarían nun miradoiro, similar ao colocado na Frouseira e que permitirá ver a fervenza de fronte.
Os resultados electorais depararon que VIA Alfoz deixe de formar parte do próximo goberno municipal de Alfoz, polo que tanto Xabier Pardiñas como Carmen Geada deixarán as súas concellerías de Desenvolvemento Local e Igualdade e Benestar, respectivamente.

Exit mobile version