Site icon Crónica3.com A Mariña

Adían en Viveiro a exposición “Arte natural efímera”

Viveiro. 21 de xuño de 2019. O Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA tiña programada, facendo parte das actividades desta Primavera Cultural 2019 , unha segunda exposición de fotografía.

Tratábase de “Arte Natural Efímera” de Suso Lista, “unha colección de fotografías nas que o vento, o mar, a chuvia e a luz son—dicíase no texto da súa presentación—os auténticos artistas, debuxando na área da Praia de Osmos unas formas que seguen patróns universais mais que, ao igual que as pegadas dactilares, son únicas e diferentes”.

Esta segunda exposición estaría aberta do 19 ao 27 de xuño, mais vímonos na obriga de adiala xa que a sala da planta baixa da Biblioteca Municipal, que algún día contou cun sinxelo sistema de iluminación das obras expostas—imprescindíbeis á hora de expór fotografía ou pintura— non existe na actualidade.

O Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA que vén de clausurar a exposición A Cidade de Pepe Ventureira— aberta ao público cunha pobrísima iluminación e polo cal xa pedimos desculpas ao autor das fotografías—vese pois na obriga de adiar calquer tipo de mostra neste local mentres non se dote dun sistema de iluminación apropiado.

Xunta Directiva do

Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA

Exit mobile version