Site icon Crónica3.com A Mariña

Acto de clausura da Exposición A Poesía que Sentimos da Microrrede de Bibliotecas Escolares da Mariña

Viveiro 7-6-19. Este xoves tivo lugar o acto de clausura da exposición A Poesía que Sentimos da Microrrede de Bibliotecas Escolares da Mariña no salón multiusos do Concello de Viveiro.

A exposición A Poesía que Sentimos, iniciativa que convoca a Microrrede de Bibliotecas Escolares da Mariña finalizou onte nun acto con varias intervencións. Os traballos que se presentaron pretendían estimular os cinco sentidos. Este ano foi o oitavo no que as bibliotecas de 16 centros educativos da comarca da Mariña veñen desenvolver un proxecto conxunto para o fomento da lectura nas familias. O acto foi presidido por María del Carmen Franco Díaz, concelleira de Educación do Concello de Viveiro.

Cristián Gómez, alumno de 4º de ESO do IES Perdouro de Burela, foi o encargado de introducir o acto falando do poder da palabrae e fíxoo improvisando unha regueifa. A continuación, foi o turmo de Pilar Sánchez, profesora do CEP Lois Tobío e Irma Insúa do IES Vilar Ponte de poñer voz os discursos e valoracións destes oito anos de traballo coas familias e traballos colaborativos.
De seguida, o artista vivariense, David Catá, e o profesor do Conservatorio de Música de Viveiro, Juan Cabalar, deleitarannos cun concerto audiovisual de excepción.
Antes de rematar, asistimos a unha pequena representación do libro Esta non é outra historia de piratas, de María Rolle, e ilustrado por Marí Pernas.
E finalmente, Alba Geada, alumna de 3º ESO do IES Perdouro de Burela, puxo fin a este acto coa lectura dun pequeno manifesto.

Exit mobile version