Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta lembra que xa aceptou demorar o inicio da obra no porto vello de Viveiro a petición do Concello durante a Semana Santa e advirte que facelo de novo ademais de inviable desde o punto de vista técnico suporía retrasar o fin de obra

Viveiro, 29 de xuño de 2019.- A contraditoria petición do Goberno municipal de Viveiro na que reclama axilidade nas obras que Portos de Galicia executa no peirao vello da localidade á vez que pide un parón nos traballos a executar, causou gran sorpresa na administración autonómica desde a que se observa esta manobra como un novo exemplo de improvisación do Concello.

Neste sendo lembran que Portos de Galicia xa aceptou, a petición do Goberno municipal, demorar o inicio da obra no muelle vello de Viveiro durante a Semana Santa para non causar molestias, o que supuxo un retraso na execución da obra e sinalan que un novo parón suporía demorar máis unha actuación que ata o momento se atopa dentro dos prazos previstos.

No momento no que o Concello esixiu agardar a iniciar a obra despois de Semana Santa, o Goberno local xa coñecía que o prazo de execución destes traballos era de dous meses e, polo tanto, eran plenamente conscientes de que durante o verán, e coincidindo coa celebración do Resurection Fest, a obra estaría en plena execución e os espazos nos que se desenvolve pechados ao tráfico e, pese a iso, non planificou unha zona de estacionamento alternativa.

Desde a Xunta defenden que razóns técnicas impiden habilitar a zona de obra como aparcamento provisional e aclaran que no punto de execución actual a irrupción de centos de vehículos nese espazo provocaría un deterioro e retroceso no xa feito e engadiría máis demora ao proxecto.

Neste senso cabe lembrar tamén que a posta en uso ou ocupación efectiva da obra só se pode producir á finalización total da mesma, pois ese acto implica a súa recepción. A recepción parcial unicamente pode realizarse naquelas actuacións que así o recollan no contrato, e este non é o caso.

Todo apunta a que a contraditoria posición do Goberno local é resultado dun intento de quedar ben con todos, pero o que demostra é que desde o Concello actúan total improvisación e que non foron quen de planificar e ofrecer garantías de aparcamento para os veciños e visitantes que se achegan á cidade nestas semanas, pese a ser plenamente conscientes de que o peirao vello estaría pechado por obras.

Exit mobile version