O rexedor comentou que “unha das cousas que estivemos facendo na feira de Silleda foi convidando a algúns dos stands que estaban alí para que viñeran a Produart do 2 ao 4 de agosto, coincidindo e complementando a Feira do Bonito”.
Alfredo Llano salientou que “queremos facer máis potente e máis atractiva a feira Produart, que veña xente que teña denominación de orixe, unha forma de proceder nos produtos dunha maneira sostible e ecolóxica, e que teñan unha boa calidade. Imos dando os pasos para facer unha feira realmente representativa con estes produtos e que motive traer moita xente. En Silleda foi unha oportunidade de ver como se facía noutros lugares, pero tamén conseguimos falar con moita xente, invitar a quen nos parecía interesante e imos procurar que Burela sexa coñecida e recoñecida por esta feira Produart”.