O grupo de música tradicional furtiva, como eles mesmos se definen, Tanto Nos ten dará un concerto no que presentará o seu novo disco Cortando Fíos. Á Foliada acudiran diversos grupos procedentes de Burela, Grileiras e Banda de Gaitas Dambara; Cervo, Cordenaia; e As Pondes, Que nin Diole, ademais dos Cacharelas, Gaiteiros, Pandereteiras e Pandereteiros de Saiñas. Finalmente terá lugar a foliada aberta onde todas as persoas están convidadas a cantar.
A carpa contará cunha taberna na que tamén se poderá cear: racións de callos, lacón asado, tortilla e bocadillos. Durante a noite haberá sorteos e moita música para bailar.