Site icon Crónica3.com A Mariña

A selección galega feminina de Rugby 7 proclamase campioa de España de Seleccións Autonómicas en Ribadeo

 Ribadeo 29-6-19. A Deputada de Economía e Facenda en funcións, Mayra García Bermudez, xunto con outras autoridades, entregou os premios ás vencedoras do Campionato de España de Seleccións Autonómicas femininas de Rugby 7, no que a selección galega volveu a reeditar o seu titulo nacional contra a selección madrileña. A terceira clasificada deste encontro foi a selección de Euskadi. O executivo provincial colabora con esta cita deportiva para a promoción do deporte feminino na provincia, e que se disputou no Estadio Pepe Barrera de Ribadeo.

Neste campionato participaron ademais da galega, as seleccións das Federacións de Andalucía, Baleares, Castela e León, Cataluña, Madrid, Murcia, Navarra, País Vasco, Asturias, Cantabria e Valencia.

Exit mobile version