No acto, que tivo lugar este mércores no campo de Lavandeiras, estiveron presentes o que será o próximo Concelleiro de Deportes, César Iglesias, e a Alcaldesa, María Loureiro. Este novo equipo, creado en decembro do pasado ano e que está formado por nenos e nenas, supón a incorporación dunha nova modalidade á oferta deportiva do municipio, contando co apoio do concello dentro da actividade desenvolta para a promoción do deporte.