Guillermo Fernández, do Club de Rugby de Ribadeo, mostrouse “muy agradecido en primer lugar a la Federación por pensar en Ribadeo para este evento, y luego tanto a Diputación como a Xunta por el apoyo prestado. Como club local, somos un club joven, éste es nuestro tercer año en competición y organizar este tipo de eventos, con esta juventud, viene a decir es que somos un club muy activo. Iniciamos la actividad solamente hace tres años, a través de las escuelas municipales del Concello de Ribadeo, y estas escuelas dieron pie a la creación del club y desde entonces hemos participado en competiciones tanto en Asturias como en Galicia. En las competiciones federadas evidentemente en Galicia en liga sub-14, el año que viene en liga sub-16 también, y esperamos seguir creciendo hasta conseguir lo que todo club aspira, ese equipo senior aquí en Ribadeo. Reiterar nuestro agradecimiento porque desde que iniciamos la actividad, tanto la Federación Gallega como el Concello de Ribadeo se han volcado en ayudarnos para que este proyecto sea una realidad, y esperamos que este Campeonato de España de Selecciones Autonómicas sea un broche de oro a esta trayectoria tan corta, pero tan intensa”.
O xefe do servizo provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Otero, salientou que “agora mesmo, despois de sete anos que levo como máximo responsable do deporte na provincia, creo que para este deporte estou vivindo o mellor momento. Non é que non se apostara anteriormente por el, temos un convenio anual como facemos coas 58 federacións. Pero o que máis me satisfai é que para este Campionato se apostara, se dá unha cantidade xa moi respectable xunto con outro convenio para outras actividades a través do Xacobeo tamén cunha forte aposta económica. Tamén o que máis me ilusionou de todo, que é algo do que Guillermo e máis eu falamos, era poder facilitarlles as instalacións do albergue na Devesa, que iso si vai dar creo que moita saída para a promoción do rugby a nivel galego, pero sobre todo o que máis nos interesa a nivel provincial e a nivel da Mariña. Ademais parece que a raíz diso vaise facer unha reforma alí moi considerable, de 120.000 euros máis ou menos. Esperemos que sexa aproveitable para o Concello e para quen estea á fronte do deporte, desas instalacións que era unha pena que todo o inverno estiveran paradas e agora van estar nun principio para o rugby, pero esperemos que poidan abarcar concentracións, torneos e promoción de deportes como neste caso. Esperemos que a competición do sábado sexa todo un éxito, que seguro que o vai ser”.
O presidente da Federación Galega de Rugby, Nacho Cociña, manifestou que “o obxectivo de traer aquí este Campionato de España, máis que tamén sexa unha aposta particular por ser ribadense, é un apoio ao club local que está a desenvolver unha actividade moi digna de admirar. En calquera caso este proxecto, ademais de levar consigo o desenrolo propio do Campionato, tamén leva un proxecto asociado que é a potenciación do Camiño Norte. Dentro desas actividades, ao longo destes días iremos levando o rugby a todas as localidades que son final de etapa dese Camiño”.
O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, dixo que “o rugby aínda que sexa un deporte minoritario cada vez está tendo máis fichas e máis aceptación e nese senso desde a Deputación levamos apoiado moito este deporte porque creo que significa buscar a igualdade entre homes e mulleres, unha cousa tan demandada hoxe en día. Síntome orgulloso de presidir unha institución que fai moito polo deporte. Creo que entender o deporte lucense da provincia sen a Deputación non é fácil. Somos unha das institucións que máis inviste en deporte a nivel galego con diferenza. Creo que garantimos que a xente poida participar, colaboramos con máis de mil clubs tanto a nivel profesional como amateur, e é un orgullo poder participar tamén nun deporte que é minoritario pero que ten unha gran aceptación e sobre todo no feminino, un deporte ás veces esquecido e que non é fácil poñer en valor. Síntome orgulloso de participar neste evento como institución”.
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, destacou varios obxectivos: “primeiro o apoio do Concello ao deporte base que aquí, aínda que son unhas seleccións autonómicas, entendo que todo provén da canteira de cada lugar. Tamén ten que ver moito co momento porque isto vai traer moitísima xente esta fin de semana a Ribadeo. Pero logo hai unha cousa que me parece moi importante, e digo eu que son un home, que sexa un campionato feminino e que se poña de relevo da sociedade moderna na que queremos estar, o apoio ao deporte tamén feminino. Supoño que daremos un exemplo de facer ben as cousas e tamén me alegra moito que, máis aló das discrepancias que poidamos ter políticas entre as diferentes administracións, neste caso para honra do rugby puidemos ter un acordo moi razoable entre todos, e tanto Xunta como Deputación están dando todo canto poden, igual que o Concello, para facer desta fin de semana un sitio na honra de Galicia para o mundo, e que todo o mundo que veña esta fin de semana a Ribadeo poida dicir que, máis aló das lexítimas discrepancias que poden ter a veces entre as diferentes administracións, póñense de acordo en moitas cousas e entre elas no rugby”. O rexedor destacou que Ribadeo conta cunhas 20 escolas deportivas ás que acoden arredor de 700 nenas e nenos.
Todos os comparecentes en rolda de prensa indicaron que esta cita deportiva servirá para dinamizar a economía local e para facer promoción turística de Ribadeo, da Mariña e da provincia de Lugo.