Site icon Crónica3.com A Mariña

A comisión organizadora das festas de Burela agradece a colaboración das asociacións e colectivos que se implicaron no desenvolvemento dalgúns dos eventos que tiveron lugar estes días

Desde a comisión, da que forma parte o concelleiro de Cultura, José Díaz, sinalan: “queremos agradecer, como sempre, a colaboración das diferentes asociacións e colectivos do pobo que axudaron nos  eventos que se desenvolveron durante as festas. Tamén queremos dar as grazas aos bombeiros de Barreiros, que colaboraron xunto con Protección Civil de Burela, o día dos fogos artificiais no dispositivo preventivo,  á Policía Local e á Garda Civil que tivo presenza constante e eficaz durante todos os actos relevantes programados nestas patronais para velar pola seguridade das mesmas”.

Exit mobile version