Site icon Crónica3.com A Mariña

A Casa da Cultura de Cervo acolle o Festival Mar de Voces este sábado

Cervo, 5 de xuño de 2019. O auditorio da Casa da Cultura acollerá o 1º Festival Mar de Voces o sábado 8 de xuño.
A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, pola edil de Muller e Igualdade, Pilar Armada, e por Amparo Pernas e Ángeles Martínez, en representación da asociación Mujeres de San Ciprián, que organiza o evento coa colaboración do Concello de Cervo.
O festival, con entrada libre e previsto para as 19:30 horas, contará coas actuacións do grupo local A Rebolaxe e Cantares de Brión (coro tradicional constituído en marzo de 2010 e integrado por 65 personas; entre os seus propósitos principais está a interpretación, divulgación e restitución da música coral tradicional galega con acompañamento instrumental, así como o uso e divulgación do traxe tradicional).
Desde a asociación Mujeres de San Ciprián apuntan que este festival nace coa idea de consolidarse no tempo, co fin de que sexa unha data marcada no calendario; “cada segundo fin de semana do mes de xuño pretendemos celebrar o festival Mar de Voces, co obxectivo de que poida ser un punto de encontro da cultura galega e o escenario de diferentes grupos locais e tamén doutros puntos de Galicia que queiran compartir o seu talento con nós en San Ciprián”, precisaron.

Exit mobile version