Site icon Crónica3.com A Mariña

60 regatistas británicos visitan Viveiro

 Viveiro 21-6-19. Na tarde do xoves chegaron a Viveiro 60 persoas procedentes de Inglaterra. Fixeron a viaxe en ferry de Inglaterra a Santander e dende Santander a Viveiro trasladáronse nos seus vehículos remolcando nos mesmos 13 barcos.

Foron recibidos polo xerente do Porto Deportivo e membros do Club de Vela, pola Concelleira de Turismo Marisol Rey e polo Concelleiro do Mar, Jesús Fernández. A baixada dos barcos á auga realizouse por membros da concesionaria do Porto Deportivo.

A estancia en Viveiro durará unha semana e estarán aloxados en diferentes vivendas, entre outros puntos, en Area e Covas.

Durante estes días realizaranse diferentes actividades, entre as cales destacan as regatas das embarcacións que darán comezo o domingo día 23 entre as 13:00 e as 17:00 horas, e prolongaranse durante os días luns 24, martes 25, xoves 27 e venres 28 de xuño.

Os visitantes que alugaron para a súa visita un bus, realizarán visitas por Viveiro e arredores, pola zona da Mariña e a Santiago de Compostela.

O xoves 27 celebrarase na Praza Maior una festa galaico-escocesa na que participarán gaitas e un grupo de baile galego Bágoas da Terra, contando así mesmo con música de acordeón e gaita escocesa e levarase a cabo por Pepe do Galicia un tradicional esconxuro.

No día de onte xa puideron degustar produtos típicos da zona, e realizaron compras na Praza de Abastos de Viveiro.

Agradecer a colaboración dos membros do Porto Deportivo, ao seu xerente Fernando Medraño, aos membros do Club de Vela de Viveiro, Ramón Cajoto e David Cajoto; sen a axuda de todos eles non sería posible levar a cabo esta visita; así mesmo, agradecer ao coordinador de Protección Civll, Manuel Expósito e ao se equipo a colaboración nas regatas, que xunto con outras embarcacións velarán pola seguridade no mar.

Exit mobile version