Dende a comisión agradecen a colaboración de toda a veciñanza xa que “esta cita supón unha gran axuda para a organización das festas”. Antes da churrascada, os asistentes pudieron escoita o pregón das festas a
cargo de Marta Muíña, e despois da mesma disfrutaron da actuación do dúo zafiro no bar O Castro. As festas comezan o sábado 22, con misa solemne as 13.30horas, procesión e a continuación sesión vermú a cargo da orquestra La Favorita. Pola noite haberá verbena con La Favorita e grupo Fénix. O domingo 23 a misa, tamén as 13.30 horas, estará cantada pola coral polifónica de Foz. Tamén haberá procesión e a sesión vermú a cargo da orquetra Principal, que tamén ofrecerá a verbena que porá o broche final ás festas deste ano.