Os representantes da empresa Placo que impartiron o curso de onte, Sergio Pérez e José Manuel Piñeiro, falaron do deseño e da aplicación dos diferentes produtos conforme á esixencia do Código Técnico da Edificación, para compoñer ou configurar solucións para zonas de alta humidade, espazos con necesidade de acondicionamento, protección acústica ou que requiran dunha alta capacidade de carga. E destacaron o innovador sistema que hai para aplicar en fachadas exteriores, que permite illar a humidade.