Site icon Crónica3.com A Mariña

“Xestos que salvan vidas” no IES Vilar Ponte

Viveiro 13-5-19. Este luns celebáronse no IES Vilar Ponte as primeiras xornadas do programa XESTOS QUE SALVAN VIDAS, proxecto creado no Hospital da Mariña con participación directa de profesionais sanitarios coordinados polo equipo directivo do centro. Esta experiencia procura difundir aquelas prácticas sanitarias que teñen demostrado ser beneficiosas para a saúde da poboación como son os tres xestos que salvan vidas: xesto de lavado de mans, xesto de masaxe cardíaca e o xesto de caricia. Os alumnos de 4º ESO do IES Vilar Ponte aprenderon da man do persoal sanitario do Hospital da Mariña estes tres xestos básicos e, ao mesmo tempo, van ser os espalladores máis importantes destes xestos entre as súas familias e amigos, acadando o maior grao de difusión destas boas prácticas saudables entre a sociedade.
Esta colaboración entre o IES Vilar Ponte e o Hospital da Mariña é unha oportunidade excepcional para achegar ás aulas a aprendizaxe necesaria para a saúde, para a prevención da enfermidade e para o coidado dos nosos maiores.

Exit mobile version