Neste destácase a sinalización inmediata das rutas de sendeirismo e btt do concello, xa que é unha demanda de moitos deportistas e visitantes, os cales non poden seguir as rutas porque non están sinalizadas. Tamén destacar a recuperación do antigo camiño á beira do río Landro, entre Vieiro e Portochao, completando así unha ruta circular entre as duas marxes do Río.
En declaracións de Dani Hermida: “A creación do carril bici, é unha prioridade para nós, xa que entendemos que a cidade ten que ter diferentes formas de mobilidade entre as distintas zonas e facilitando que os máis pequenos podan desplazarse na bicicleta de forma segura. A execución destes primeiros tramos é perfectamente viable nestes vindeiros catro anos”